CRTVG

Buscar

A policía busca a parella da muller asasinada no barrio madrileño de Tetuán

Publicado o 16/08/2019 20:30

A útlima vítima da violencia machista chamábase Pilar, tiña 49 anos e era cirurxiá. O cadáver, con golpes e varias coiteladas, estaba na súa vivenda do barrio madrileña de Tetuán. Foi a policía quen o atopou. A parella da vítima confesoulle o crime a un amigo que foi quen deu a voz de alarma.

O nome da vítima figuraba na base Viogen, o sistema de seguimento integral de casos de violencia machista. Introduciuno a policía cando detivo a súa parella por mallar nela en plena rúa a finais de 2018. Pero Pilar non quixo denuncialo nin pedir unha orde de protección. A policía busca agora ao seu presunto asasino.

A vítima tiña un fillo que non estaba na casa. El é o vixésimo oitavo orfo da violencia machista deste ano. Con ela xa son 39 as mulleres asasinadas pola súa parella ou ex-parella en 2019.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019