CRTVG

Buscar

A Policía británica cre que o detido polo ataque en Reading actuou só e aínda descoñece os seus motivos

Publicado o 21/06/2020 20:26


A Policía británica deduce do investigado ata o de agora que o home que matou tres persoas nun parque en Reading, no sur de Inglaterra, actou só. Os reponsables policiais admitiron que aínda descoñecen os motivos do ataque, que cualificaron de acto terrorista. O autor, segundo varios medios un libio demandante de asilo, foi detido no lugar tras acoitelar, aparecentemente ao azar, os tres finados e deixar outros tres feridos graves.

Noticias web

21/06/2020