CRTVG

Buscar

O opositor venezolano Leopoldo López chegou este domingo a España

Publicado o 25/10/2020 21:01

O líder opositor venezolano Leopoldo López asegurou que seguirá traballando "para alcanzar a liberdade" do seu país. Asegurouno tras saír de Venezuela sen desvelar o seu paradoiro.

Mentres, en Caracas, foron arrestados un vixilante privado da embaixada de España e unha empregada do líder opositor, despois de que o político saíra desa residencia. O Servizo Bolivariano de Intelixencia rexistrou un edificio de vivendas en que reside persoal diplomático en busca de Leopoldo López.

López chegou o domingo a España. Tras aterrar en Madrid puido reunirse cos seus pais, a súa muller e os seus tres fillos. López saíu de Venezuela o vernes pasado, tras abandonar a residencia do embaixador español en Caracas, onde permanecía como hóspede desde o 30 de abril de 2019, despois de participar nun levantamento militar frustrado.    

Noticias web

25/10/2020