CRTVG

Buscar

12 detidos no maior golpe á extracción de cocaína en España

Publicado o 29/05/2019 14:18

A Policía Nacional destartellou unha rede de laboratorios clandestinos e frustrou un sistema de camuflaxe de cocaína en plásticos indetectable en calquera aduana, unha operación que supuxo o maior golpe ás infraestruturas para a manipulación e extracción de cocaína en España.

A organización desmantelada, segundo informa a policía, estaba formada por doce membros, todos eles detidos. Os líderes eran os avós e os pais dunha mesma familia e contaban con tres laboratorios situados en Madrid (Valdemorillo e Villaviciosa de Odón) e Toledo (O Viso de San Xoán), onde realizaban as operacións de narcotráfico. Un deles tiña a capacidade para extraer e producir 500 quilos de cocaína ao mes.

Entre os detalles que transcenderon da operación policial destaca o traslado expreso desde Colombia de tres especialistas na extracción do estupefacente que estiveron "traballando" durante dez días sen saír do laboratorio.

Na operación foron comisados 30 quilos de pasta base de cocaína, un quilo de clorhidrato de cocaína, 600 quilos de pellets impregnados en cocaína, 3.000 litros de produtos e todo o preciso para a súa manipulación, como presas hidráulicas, moldes ou papel secante.

Investigación policial

A investigación iniciouse a finais do ano pasado, cando os axentes, mentres vixiaban outra organización, detectaron a presenza duns individuos manipulando garrafas.

A súa actitude sospeitosa fixo que a policía comezase a investigalos, tras o que comprobou que estaban trasladando garrafas de produtos químicos dos que se empregan para a extracción de cocaína.

Tras identificar aos individuos, localizouse un primeiro laboratorio no Viso de San Xoán e, posteriormente, conseguiuse identificar o líder da organización: un home de orixe colombiano asenado nun chalé de luxo da localidade madrileña de Villaviciosa de Odón.

Estas investigacións permitiron coñecer que o grupo criminal estaba a espera de recibir un contedor que viña impregnado da droga no interior.

Unha vez localizado comprobouse que a organización derivou parte da carga ata unha nav de Alcorcón, onde separaron a parte que contiña a substancia para levala a unha casa illada no municipio de Valdemorillo.

A esa vivenda é a onde se trasladaran os tres colombianos especialista en extracción do estupefaciente.

Detencións 

Cando estaban a punto de finalizar o seu cometido, tras dez días sen saír do laboratorio, os axentes interviron e levaron a cabo doce detencións e once rexistros, "co que se conseguiu desartellar plenamente a organización".

A policía sinala que os tres laboratorios desmantelados tiñan a capacide de "satisfacer calquera tipo de operación de narcotráfico que se lles propuxera" e destaca o que estaba situado en Valdemorillo, que tiña capacidade para extraer e producir 500 quilos de cocaína ao mes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí