CRTVG

Buscar

A policía analiza as imaxes captadas na vivenda en que traballaba a suposta escrava sexual de Vigo

Publicado o 22/10/2019 14:33
A policía analiza as imaxes captadas na vivenda en que traballaba a suposta escrava sexual de Vigo

A muller acusada de reter unha empregada do fogar en Vigo afronta delitos que suman 25 anos de prisión. A vítima supostamente acabou retida nun piso e obrigada a realizar as tarefas domésticas en tanga. Na vivenda, situada na zona de Castrelos, incautáronse de numerosas cintas e dispositivos.

Agora a Policía Nacional céntrase en coñecer que tipo de imaxes hai neles, e traballan para determinar se houbo máis vítimas da muller e o seu marido. Atribúenlle delitos de detención ilegal, contra a liberdade sexual e por ameazas graves. A muller é a única investigada, xa que o seu marido falecera ao saltar dende o piso cando a policía rexistraba o domicilio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019

Máis sobre vigo