CRTVG

Buscar

A policía alerta de marcas prerroubo de vivenda en Pontevedra

Publicado o 05/11/2019 14:08

Desde a comisaría de Pontevedra alertan a veciñanza de que preste atención por se na porta da súa vivenda ou na caixa do correo hai algunha marca ou sinais de movemento das que deixan os delincuentes para logo entrar a roubar. Descubriron varias a fin de semana pasada.

Paula Novas, voceira da Policía Nacional explica que, por primeira vez, en Pontevedra a Policía Nacional detectou a presenza de testemuñas de plástico. Testemuñas é o que a policía denomina a cinta adhesiva transparente ou anacos de pegamento ou plásticos pequenos que adoitan poñer os delincuentes nas portas para marcar e alguén en determinados domicilios. Colócano entre a porta e o marco. Se alguén entra ou sae o adhesivo desaparece.

Entón eles volven á vivenda e se o adhesivo permanece é que non houbo movemento de xente e consideran que teñen vía libre para entrar e roubar. A cooperación veciñal é a primeira medida para previr a acción dos ladróns en pisos e casas, especialmente en datas de vacacións ou pontes festivas.

A voceira da  Policía Nacional incide en que "o primeiro, diría eu, é a colaboración entre os veciños, porque se alguén coloca a testemuña nunha vivenda é porque entraron no edificio. En consecuencia, é básico non abrirlles o portal a descoñecidos nin deixalo aberto. E canto á nosa vivenda, debemos asegurarnos de pechala ben. Facelo coa chave".

Tamén convén non pregoar a ausencia e isto inclúe non airear polas redes sociais que marchamos, que estamos fóra ou exhibir fotos desde o sitio da viaxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019