A policía alemá cre que Madeleine McCann foi asasinada en Portugal
Publicado o 17/05/2021 19:38

Novidades na investigación da desaparición de Madeleine McCann, hai agora 14 anos. A policía alemá cre que foi asasinada en Portugal.
Segundo publica en exclusiva o xornal británico 'The Mirror', a policía alemá ten agora "probas concretas" de que o principal sospeitoso foi quen matou a pequena británica e esperan poder acusalo da desaparición de Madeleine antes de que acabe o ano. A polícia alemá sinalouno como principal sospeitoso o verán pasado. Actualmente está en prisión desde hai ano e medio pola violación dunha muller de 72 anos no Algarve en 2005.