A policía alemá atopa un soto secreto na propiedade do sospeitoso do secuestro de Madeleine McCann
Publicado o 29/07/2020 21:29
A policía alemá atopou un soto secreto nunha propiedade que o principal sospeitoso do secuestro da rapaza ten preto da cidade de Hannover.
Por segundo día consecutivo os investigadores continuaron co rexistro da parcela do cidadán alemán de 43 anos, a quen relacionan directamente coa desaparición de Madeleine, ocorrida no Algarve portugués en 2007, cando a nena tiña tres anos.
Para os traballos de busca, os axentes están utilizando máquinas escavadoras e cans adestrados na busca de persoas.