CRTVG

Buscar

A policía aconsella os anciáns contra os estafadores do confinamento

Publicado o 24/03/2020 14:30

Os maiores son os máis vulnerables na pandemia de coronavirus en España. Polo dano máis grave que lles pode provocar o contaxio da enfermidade, pero non só. A declaración do estado de alarma e o conseguinte confinamento nas casas fixo abrollar novos métodos dos delincuentes para tratar de aproveitarse da situación. Déronse xa varios casos de roubos en domicilios ou estafas aos maiores con simulacións e enganos. Facéndose pasar por persoal sanitario, por exemplo, para supostamente realizar probas.

Por iso, a Policía Nacional acaba de publicar unha serie de consellos dirixidos especificamente aos maiores.

 

No comunicado, lémbralles aos anciáns que non lle abran a porta a ninguén que diga ser persoal sanitario para facer a proba do coronavirus, nin a ninguén que anuncie que trae máscaras ou luvas de parte da administración, ou a quen se presente como repartidor ou persoal de desinfección se non foron chamados.

Ademais, alertan contra quen ofreza remedios milagreiros contra o virus e advirten de que non se proporcionen datos persoais nin bancarios a descoñecidos.