Lea entre detractores e partidarios de Maduro nun bar de Vigo
Publicado o 25/03/2019 18:56
A labazadas. Así rematou unha charla pro Maduro nun bar de Vigo.
O empresario vasco Agustín Otxotorena pronunciaba unha conferencia en Vigo na que negaba a existencia dunha crise humanitaria en Venezuela, cando unha muller interrompía e insistía en que era mentira. Aí comezan os gritos e a lea entre defensores e detractores de Maduro. No acto tamén participaba o cónsul de Venezuela en Vigo.
Os partidarios de Maduro tentaron acalar as críticas. A tensión rematou en forcexos que desembocaron en agresións de palabra e físicas. A policía tivo que intervir.
Dúas mulleres presentaron denuncia ante a Policía Nacional polas lesións que presuntamente sufriron cando as empurraban para que abandonaran o local.