CRTVG

Buscar

A Policía ábrelle expendiente a un axente pola actuación nunha pelexa de indixentes

Publicado o 11/04/2019 18:19

A Policía Nacional abriulle expediente a un axente da Policía Nacional pola súa intervención para disolver unha pelexa na madrileña Porta do Sol. As imaxes, que se fixeron virais nas redes sociais, amosan o axente propinándolle patadas a un grupo de indixentes romaneses que se estaban pelexando.

A intervención foi moi cuestionada nas redes sociais, e a Policía decidiu abrir unha investigación para depurar responsabilidades.

Desde o Sindicato Unificado de Policía e outras organizacións do corpo defenden a actuación do axente.

 

Noticias web

11/04/2019