CRTVG

Buscar

A policía aborta a fuxida dun dos polisóns do petroleiro retido en Vigo

Publicado o 12/02/2020 17:46

As forzas de seguridade abortaron este mércores o intento de fuga dun dos tres polisóns guineanos que permanecen a bordo do petroleiro Harald Maersk, con bandeira danesa, o cal se viu obrigado o sábado para atracar en Vigo tras descubrir a súa presenza a bordo. Segundo fontes policiais, o polisón foi detectado cando estaba xa en terra, nas inmediacións duns dos embarcadoiros da Laxe.

O intento de fuga foi abortado por efectivos da Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Portuaria, os cales descoñecen aínda como se produciu a fuxida. O polisón foi devolto ao interior do barco, atracado no porto de transatlánticos, á espera de que se resolva a situación dos polisóns, cuxo expediente se atopa actualmente en Madrid. Dado que o buque é territorio do país que o abandeira, os polisóns deben permanecer nel sen baixar a terra, xa que a lexislación internacional estipula que son as navieiras as responsables de devolvelos ao porto de orixe, neste caso Las Palmas de Gran Canaria, de onde partiu o buque o pasado 22 de xaneiro con destino ao norte de Europa

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020