CRTVG

Buscar

A polémica política estivo presente no segundo aniversario do 17-A en Barcelona

Publicado o 17/08/2019 14:44

Un minuto de silencio seguido dunha ofrenda floral. Niso consitiu a homenaxe ás vítimas do 17-A nun lugar simbólico que lembra o peor do sucedido hai dous anos: o mosaico de Joán Miró no centro da Rambla barcelonesa, o punto no que se detivo a furgoneta do atentado despois de percorrer medio quilómetro.

O presidente catalán, Quim Torra, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, e o ministro de Interior, Grande-Marlaska, depositaron flores conxuntamente. Tanto Torra coma Colau están entre os peticionarios dunha comisión de investigación no Congreso para esclarecer as conexións dos xihadistas que participaron nos ataques.

O titular da Generalitat solidarizábase en Twitter coas familias afectadas e sinalaba que ten moi presentes neste día o president Puigdemont, o conseller Quim Forn e o ex-maior dos Mossos Trapero.

Pola mesma vía, Pedro Sánchez solidarizábase tamén coas vítimas e coas súas familias. Na súa mensaxe sinala: "Seguiremos firmes e unidos fronte ao terrorismo".

Nese acto facían declaracións aos medios representantes do PP e Ciudadanos e non faltaron alusións á "teoría da conspiracións dos independentistas".

Unha organizaciñon disidente do acto institucional, a Asociación Catalá de Vítimas de Organizacións Terrorista (Acvot), celebraba un acto alternativo unha hora e media despois noutro punto da Rambla para reclamar máis atención ás vítimas por enriba da confrontación política.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019