CRTVG

Buscar

A polémica política estivo presente neste segundo aniversario do 17-A

Publicado o 17/08/2019 21:21

Os partidos independentistas reclaman unha comisión de investigación no Congreso sobre os atentados e a hipotética conexión do imán de Ripoll co CNI. Desde Bruxelas, o ex-president Puigdemont solicitaba tamén hoxe, vía Twitter, "permitir que se abra unha comisión parlamentaria onde se fale sen segredos de Estado nin materia reservada".

Os Comités de Defensa da República manifestáronse a mediodía a carón da Sagrada Familia e, na mesma liña, pediron que se investiguen "as relacións dos terroristas cos poderes do Estado".

Mentres, representantes do PP, Vox e Ciudadanos falaban da teoría da conspiración do independentismo e apostaban pola unidade fronte ao terrorismo. Desde o Goberno optaban por unha mensaxe institucional de solidariedade coas vítimas e as súas familias.

Nunha posición intermedia, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, sinalaba hoxe nunha entrevista radiofónica que "as vítimas teñen dereito a sabelo todo" para non alimentar teorías conspirativas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019