CRTVG

Buscar

A polémica continúa en Lugo tras a liorta do pleno da Deputación

Publicado o 03/05/2019 14:57

A resaca e o malestar despois do tenso pleno da Deputación de Lugo segue patente na cidade. O ex-deputado socialista e agora non adscrito Manuel Martínez di que Lino Rodríguez, alcalde de Pol e deputado socialista, non lle pediu desculpas despois de insultalo e dedicarlle varios cortes de manga pero trata de quitarlle ferro ao asunto.

Martínez si criticou que o presidente da Deputación non cortara de forma contundente as faltas de respecto que se lle proferiron. Pola súa banda Darío Campos cualificou o pleno como penoso pero dixo que no momento non foi consciente dos insultos.

Esta lea non foi a única pero si a última da actual corporación provincial antes da vindeiras eleccións.

Noticias web

03/05/2019