A Pobra viu como nos últimos días se multiplicaban os contaxios
Publicado o 07/04/2021 16:40
O veloz crecemento da transmisión do coronavirus desconcerta moitos veciños da Pobra do Caramiñal. 35 contaxios nos últimos 14 días e unha incidencia acumulada de 374 casos por 100.000 habitantes. Ante esta preocupante evolución, o comité clínico decidiu situar en nivel máximo de restricións este concello da Barbanza.
O Concello decidiu trasladar a localización do mercado para ampliar as distancias. Unha medida que motiva queixas dos feirantes, aínda que ben aceptada polos clientes.
Hoxe remata o cribado ao que estaban convocados preto de 6.700 veciños.