CRTVG

Buscar

A Pobra do Caramiñal pechará o sábado por terceira vez

Publicado o 26/05/2021 15:26

A Pobra do Caramiñal volverá ao nivel máximo de restricións a partir do sábado, e xa vai pola terceira vez que os pechan este ano. O comité tomou a decisión despois da repunta de contaxios da última semana.

Cansazo e resignación entre os veciños da Pobra ante o terceiro peche perimetral do ano. Os máis preocupados, hostaleiros como María Asunción, que terá que baixar a reixa no peor momento. Tanto o concello como os hostaleiros piden á Xunta que revise as medidas e que un peche perimetral non implique paralos, xusto agora que implementaron nos locais todas as medidas anticovid.

Descoñécese a orixe dos 45 contaxios que hai na Pobra, e os veciños apuntan en diferentes direccións. Nos próximos días haberá máis cribados e o Concello pide máxima participación. No último só foron a metade dos convocados e apareceron 7 positivos.

Contaxios que tamén preocupan na veciña Ribeira, que non logra abandonar o nivel alto de restricións e só poderá servir ao 50 % nas terrazas.

 

Noticias web

26/05/2021