CRTVG

Buscar

A Pobra do Caramiñal exporta cociñas de luxo a Nova York

Publicado o 16/04/2019 15:55

Mobalco deseña e fabrica cociñas de gamas media e alta na Pobra do Caramiñal e véndeas en 22 tendas repartidas por toda España e sete do estranxeiro. Nos Estados Unidos exporta actualmente a Filadelfia e Colorado, e este verán ampliará o mercado a Nova York e Miami. O proxecto para conseguir espazo nun comercio no corazón de Manhatan empezou hai anos. 

Miguel Pato, director comercial de Mobalco: "É unha tenda que traballa única e exclusivamente cociña e nós teremos o 60 por cento. A ubicación é estratéxica, entre a Quinta Avenida e Madison, á altura do Empire State e a Biblioteca Nacional".

En canto á tenda de Miami, Mobalco ten previsto expandirse despois por todo o estado da Florida. Segundo os seus directivos, esta empresa galega produce de xeito sostible e repectuoso co medio natural. 

Miguel Pato, director comercial de Mobalco: "É un poroduto de baixo impacto ambiental en todos os seus procesos. Cualifícannos de ecolóxicos e é certo, sómolo desde hai máis de 25 anos".

A tenda de Mobalco na Pobra do Caramiñal está no mesmo sitio no que hai sesenta anos os irmáns Davila montaron unha ebanistería familiar. Malia a expansión actual, segue sendo unha fábrica na que boa parte do proceso produtivo segue a ser manual e artesanal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019