A Plataforma Vítimas do Alvia rexeita a entrada de Xosé Blanco no consello de Enagás
Publicado o 30/06/2020 15:26
A Plataforma Vítimas do Alvia protesta contra o nomeamento de Xosé Blanco como conselleiro independente de Enagás.
Foi cunha concentración ás portas da compañía e durante a celebración da xunta xeral de accionistas que lle deu luz verde ao nomeamento. Denuncian que Blanco foi o responsable da modificación do proxecto orixinal do AVE e da supresión do sistema de seguridade no treito máis perigoso.