CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A plataforma veciñal SOS Praia de Covas pide unha solución definitiva para o areal

Publicado o 21/09/2017 14:19


A praia de Covas, en Viveiro, segue perdendo area. E os veciños piden unha solución definitiva para evitar que continúe así. Din que o transvasamento de 30.000 metros cúbicos de áridos por parte de Portos de Galicia é algo positivo, pero din que isto só resolverá o problema de xeito temporal.

Nos últimos anos a praia de Covas, en Viveiro, perdeu gran parte da súa area. Como resultado, polo inverno o mar está a chegar onda as casas. Os veciños sinalan o peirao de Celeiro como o detonante desta situación.

Ante as reivindicacións da plataforma veciñal SOS Praia de Covas, Portos de Galicia está trasvasar 30.000 metros cúbicos de area. Pero para os veciños esta non é a solución definitiva, polo que piden que se estuden outro tipo de actuacións.

Como consecuencia dos traballos, o areal de Covas permanecerá pechado ao público durante dous meses.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí