CRTVG

Buscar

A Plataforma Pro Industria di que pechar Ence terminaría co sector forestal de Galicia

Publicado o 18/03/2019 14:58

A Plataforma Pro Industria de Pontevedra cre que a falta de apoio á prorroga de Ence responde a acordos políticos, que queren anular unha concesión, di, en contra dos traballadores e do sector forestal.

Aseguran que o 28% do produto interior bruto de Pontevedra procede da actividade de Ence. E advirten das consecuencias que suporía o seu peche.

A plataforma non descarta medidas legais. Ence tamén se prepara para unha batalla xurídica. Decidiu manter os investimentos de 50 millóns de euros comprometidos para este ano na planta de Pontevedra, pero conxela o resto dos previstos no seu plan de negocio ata saber que ocorrerá coa concesión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019