CRTVG

Buscar

A plataforma "Por un monte galego con futuro" maniféstase en Santiago

Publicado o 20/10/2019 15:35

A plataforma "Por un monte galego con futuro" manifestouse en Santiago contra o Plan forestal da Xunta.

Comuneiros, ecoloxistas e sindicatos apoian esta protesta. Consideran que o goberno galego favorece a plantación de eucalipto fronte a outras especies autótonas cunha unha xestión que, din, está "ao servizo da industria como a celulosa de Ence".

Os participantes na marcha apostan por abordar os incendios dende a prevención, producir madeiras de calidade e "por recuperar tecido empresarial" que permita tratar a madeira aquí en Galicia.

Entre os centos de asistentes estiveron voceiros do BNG e de Anova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019