CRTVG

Buscar

A Plataforma pola Defensa do Tren pide a restitución das frecuencias da liña A Coruña-Ferrol

Publicado o 04/08/2020 21:29

Desde a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas temen que Renfe non vaia restablecer as frecuencias entre A Coruña e Ferrol xa que cren, engaden, que para a compañía feroviaria esta liña non é rendible. Reclaman ademais non só que restablezan as frecuencias, senón que se aumenten os servizos.

"Cando foi o da pandemia curtaron moitos servizos, por exemplo o servizo do mediodia de Ferrol, o que significa que a xente que vai pola mañá, xa non pode volver pola tarde e nós pensamos que xa aproveitando é un xeito de reducir definitivamente o servizo porque está claron que non amosan moito interés", di Santiago Lamelo.

Denuncian tamén o que cualifican de malgasto do diñeiro público no AVE, cando o tren convencional move o 90% dos pasaxeiros que utilizan o ferrocarril.

"De feito, é algo constante co tren, é un desmantelamento progresivo que xa ven desde hai anos, invístese moito no AVE e reducen o investimento no ferrocarrl convencional, media distanca, proximidades, cando as proximidadess moven en todo o estado 570 millóns de viaxeiros", afirma Santiago Lamelo.

A Plataforma en Defensa do Tren pide ademais que se mellore a liña entre A Coruña e Ferrol, coa conseguinte redución do tempo da viaxe. Unha liña, din, que movería potencialmente medio millón de pasaxeiros ao ano entre as dúas cidades e todos os concellos que contan con apeadoiros.

Noticias web

04/08/2020