CRTVG

Buscar

A plataforma galega para o rastrexo dos contactos dos infectados por coronavirus xa está en marcha

Publicado o 13/05/2020 16:03

Todo comeza cando un sospeitoso por coronavirus dá positivo na proba PCR. Nese momento, o doente deberá facilitarlle á plataforma unha listaxe de persoas coas que tivo contacto estreito desde dous días antes da aparición de síntomas ata o seu illamento. 

Esas persoas quedaran en corentena durante 14 días e recibirán unha chamada telefónica diaria para comprobar se teñen síntomas. Se é así, activaríase o mesmo círculo de control sobre o novo infectado. O obxectivo desta estratexia é ter controladas as cadeas de transmisión do virus en Galicia e evitar focos de orixe descoñecida.

Son os rastrexadores do coronavirus en Galicia. A súa misión, contactar con sospeitosos e enfermos confirmados de COVID-19 e identificar as persoas ás que pudieron contaxiar.

O enfermo manterase illado e os contactos terán que facer corentena durante dúas semanas. Cada día recibirán unha chamada da plataforma. Se presentan síntomas, pasan á lista de sospeitosos e recomeza o control.

A idea é confinar o virus agora que nos desconfinamos nós, mantendo controlada a súa circulación mentres non chega a agardada vacina.

Noticias web

13/05/2020