CRTVG

Buscar

A planta de tratamento Nostián da Coruña amorea unhas 12.000 toneladas de restos inorgánicos

Publicado o 27/08/2019 19:11
A planta de tratamento Nostián da Coruña amorea unhas 12.000 toneladas de restos inorgánicos

Na Coruña, a planta de tratamento de residuos de Nostián amorea desde hai catro meses unhas 12.000 toneladas de restos inorgánicos. O Concello da Coruña envioulle hoxe un novo requirimento á empresa concesionaria, Albada, para que comece a retirar estes residuos nun prazo de tres días. Se non o fai, o propio Concello executará a retirada forzosa do lixo. A empresa tamén ten aberto un expediente sancionador da Xunta que podería supoñer unha multa de 200.000 euros.

Noticias web

27/08/2019