CRTVG

Buscar

A planta de Stellantis en Vigo volve suspender a súa actividade por falta de material

Publicado o 10/05/2021 19:57
A planta de Stellantis en Vigo volve suspender a súa actividade por falta de material

A planta viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) volverá suspender a súa actividade parcialmente este martes, obrigada por problemas de aprovisionamento (derivados da chamada 'crise dos  microchips') e despois das paradas que vén sufrindo de forma periódica desde principios de ano, as últimas, este domingo e este luns.   

Segundo informou a dirección da fábrica ao comité, tras a suspensión de actividade nas tres quendas dos dous sistemas de montaxe este domingo, e a parada na quenda de mañá deste luns, a produción volverá suspenderse nos dous sistemas na noite deste martes.   

Estas suspensións de actividade débense a problemas de subministración de pezas, cuxos provedores non poden servilas pola falta de microchips ou semicondutores. Precisamente, para afrontar este escenario de incerteza, a dirección da factoría pactou un ERTE co comité de empresa (excepto CIG e  CUT, que non asinaron).