CRTVG

Buscar

A planta de Stellantis en Vigo paraliza a produción esta fin de semana

Publicado o 18/09/2021 13:15
A planta de Stellantis en Vigo paraliza a produción esta fin de semana

Ninguén traballa este sábado nas instalacións do que antes era PSA Peugeot-Citroën en Vigo por problemas de aprovisionamento. A crise dos microchips pásalles factura á factoría central e as súas auxiliares.

Segundo informou a dirección da compañía, esta fin de semana non funcionará ningunha das dúas liñas de montaxe na cidade olívica. Tanto a dos vehículos Peugeot coma a dos monovolumes e furgonetas van retomar a actividade o luns.

 

Noticias web

18/09/2021