CRTVG

Buscar

A planta de PSA en Vigo supera os 6.000 empregados

Publicado o 05/12/2019 14:25

Dende 2013 non había tanta xente traballando na planta de PSA Citroën en Vigo. 6.200 contratos e previsión de que se incorporen outros 600 a partir de xaneiro, para unha quenda de noite.

Están en pleno lanzamento do novo Peugeot 2008, do que producirán ademais a versión eléctrica xa este ano que vén.
En 2021, sumarase ao traballo unha nova xeración de seis vehículos comerciais  electrificados.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019