A planta de PSA en Vigo ofrece 1.000 postos de traballo
Publicado o 10/05/2019 20:15
Unha gran maioría de operarios pero tamén enxeñeiros e ciclos superiores de mecánica e electrónica son os perfís que precisa PSA para a súa planta de Vigo. A fabricación dos novos modelos dispara a demanda con 1.000 novos postos de traballo.
Xunto a PSA, unha vintena de empresas busca captar talentos na feira de emprego. Os perfís laborais demandados son moi variados, desde economistas, informáticos, soldadores ou persoal de limpeza, entre outros.
O vicepresidente da Xunta de Galicia participou na inauguración da feira, que abrirá as súas portas ata o próximo domingo e que inclúe charlas, mesas redondas e obradoiros sobre emprego.