CRTVG

Buscar

A planta de PSA de Vigo desvela o novo modelo Peugeot 2008

Publicado o 19/06/2019 21:18

A planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo presentou en sociedade o seu novo modelo, o Peugeot 2008, un todo camiño que comezará a súa produción en serie a principios de outubro.

A presentación tivo lugar a primera hora da mañá na planta de Balaídos, nun acto que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e en que o director da fábrica, Ignacio Bueno, lembrou que a produción deste novo modelo (no sistema 1 da factoría) atraerá unha facturación de 450 millóns de euros para os provedores galegos.

Pola súa parte, o presidente do Goberno galego agradeceu a confianza e o compromiso do Grupo PSA co centro de produción viguesa e co sector da automoción de Galicia. Ademais, valorou a aposta da fábrica viguesa pola innovación. 

O vehículo é un SUV compacto que contará cunha versión 100% eléctrica fabricada tamén en Galicia. Segundo a compañía, o seu nivel de autonomía estará entre os mellores da súa categoría. Os directivos de PSA e o presidente da Xunta de Galicia participaron na presentación. Salientaron a importancia da fabricación do novo modelo, tanto para este centro coma para os provedores. Calculan que atraerá un volume de negocio extra de 450 millóns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019