CRTVG

Buscar

A planta de Greenalia produce electricidade a partir da biomasa forestal

Publicado o 29/06/2020 14:46

80 camións cargados con restos das cortas de madeira nos montes chegan cada día á planta de Curtis. Galicia produce arredor de 10 millóns de metros cúbicos de madeira cada ano, pero os restos que quedaban no monte non tiñan utilidade ningunha e ademais viñan xerando problemas ambientais.

A biomasa, unha vez limpa, vai a unha caldeira de vapor que se encarga de convertela en enerxía limpa capaz de abastecer uns 10.000 fogares, grazas aos 50 megavatios instalados. Agora traballan nun proxecto para aproveitar a cinsa.

A planta de Greenalia supuxo un investimento de 135 millíns de euros e dá traballo a 50 persoas de xeito directo.

 

Noticias web

29/06/2020