CRTVG

Buscar

A piques de rematar o prazo para a presentación de coalicións electorais

Publicado o 30/09/2019 10:57

A executiva de Ciudadanos estudará hoxe presentar unha moción de censura en Cataluña e o Comité de Dirección do PP celebra en Barcelona o seu comité de dirección sen que prosperase a iniciativa de España Suma.

Sánchez escolle Madrid, hoxe ao mediodía, para a presentación da precampaña socialista. En Unidas Podemos estudan como lle pode afectar a irrupción de Máis País, no día no que remata o prazo para a presentación de coalicións electorais.

A unhas horas para que hoxe ás dúas da tarde, remate ese prazo, En Marea rexeita finalmente a coalición cos de Errejón, ante as dificultades din para que asuma unha axenda galega.

Sobre o efecto que terá a irrupción de Más País en Unidas Podemos e as confluencias os partidos fan números para ver, por exemplo, se a alianza entre Más País e a Chunta Aragonesista podería facer peligrar o escano de Pablo Echenique. Iglesias di que os seus rivais non son os partidos progresistas se non os poderes económicos: "Estas elección non van de partidos. Estas eleccións van de quen se atreve desde o goberno a intervir o mercado do aluguer, para baixar o prezo dos alugueiros á xemnte. Estas eleccións non van de pe3lexas entre partidos vand e quen se atreve a facer unha reforma fiscal quye achegue no noso país á media europea".

Ademais da posible moción de censura en Cataluña, a executiva de Ciudadanos estuda hoxe a configuración das listaxes electorais, tras as dimisións e ante a rebaixa de expectativas electorais que lles dan as enquisas. Unha das incógnitas é se os de Rivera repetirán nesta campaña o veto a Sánchez do pasado 28 de abril.

"Non son os outros partidos, é o señor Sánchez que vetou a Podemos ata o último momento. Vimos como lle ofreceu ministerios e despois dixo que non podía durmir tranquilo facendo o que fixo", afirmou onte Begoña Vilacís. 

No PP, hoxe hai Comité de Dirección. Casado insiste en que hai posibilidade de desaloxar a Sánchez, e di que o farán se suman con Ciudadanos un escano máis que o PSOE a partir do 10 de novembro. Lamenta, que os de Rivera non acepten á coalición España Suma.

"Non entendemos que se apele a unir despois das eleccións o que se pode unir antes, tendo en conta ademais que a lei electoral penaliza esa división, e por iso apelamos a esa suma, porque os que sumen antes das eleccións multiplicarán os votos", dixo.

O PSOE presenta hoxe a súa precampaña en Madrid. Sánchez propón deixar atrás "os lamentos dunha vitoria que os rivais dos PSOE non recoñeceron: que deixemos atrás reproches ante os que malograron o goberno que querían os españois. Nós miramos á xente de frente e ímoslles explicar o que precisa España que é un goberno progresista para darlle un xiro social a este país", afirmou.

A partir de mediodía, o candidato socialista explicará as mensaxes dunha precampaña en que volverán estar presentes os eixes esquerda e dereita, que algúns medios interpretan como un intento de reavivar o bipartidismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019