CRTVG

Buscar

A guerra de Siria fai 7 anos e os EUA ameazan cunha acción unilateral en Guta oriental

Publicado o 13/03/2018 09:50

A piques de facer sete anos do comezo da guerra de Siria, os últimos informes elevan a máis de 350.000 persoas o número de vítimas mortais.

A situación segue sendo dramática en moitas zonas do país, especialmente en Guta oriental, o último feudo da oposición armada nos arredores de Damasco. A ofensiva do Goberno sirio e os seus aliados levou onte aos Estados Unidos a advertir de que non desbotan a posibilidade de actuar pola súa conta se a ONU non fai algo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018