CRTVG

Buscar

A pintura ábrese paso na banda deseñada: "A arte no cómic" pode visitarse no Pazo da Cultura de Pontevedra

Publicado o 15/10/2021 21:27

A mostra "A arte no cómic" que reúne pezas de 70 artistas contemporáneos inspiradas en obras mestras da pintura universal chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra cunha nutrida representación galega.

O artista de Boiro, Brais Rodríguez, ten unha presenza moi sobranceira na sala cunha escolma de pezas recentes. A achega dos vigueses Cynthia Alfonso e Óscar Raña é unha obra feita ad hoc

Na longa xira desta exposición da Fundación Telefonica que demostra a longa tradición común da pintura e a banda deseñada, Pontevedra é a onceava parada. E unha das novidades que presenta é a obra completa de María Herreros dedicada á pintora estadounidense Georgia O'Keeffe e feita por encargo do Museo Thyssen.

Outra primicia que se pode ver no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o vindeiro 11 de novembro é a versión da "Torre de Babel" de Brueghel o Vello debuxada polo escenógrafo Sagar Forniés, coñecido tamén polos seus traballos con La Fura dels Baus.

Noticias web

15/10/2021