CRTVG

Buscar

A pílula de Pfizer contra o coronavirus podería estar lista a finais de ano

Publicado o 27/04/2021 13:40
A pílula de Pfizer contra o coronavirus podería estar lista a finais de ano

A pílula contra o coronavirus que desenvolve a farmacéutica Pfizer podería estar dispoñible a finais deste mesmo ano se os ensaios en humanos que se levan a cabo nos Estados Unidos e Bélxica teñen éxito. 

Preto de 60 persoas de entre 18 e 60 anos participan na primeira fase do ensaio que estará rematado a finais de maio e, se os resultados demostran que é segura, ampliarase o número de probas para determinar se é eficaz contra a covid-19.

A pílula de Pfizer podería administrarse para evitar un agravamento da enfermidade en pacientes que mostran os primeiros síntomas. 

Noticias web

27/04/2021