CRTVG

Buscar

A petanca consegue unha chea de seguidores no parque da Milagrosa, en Lugo

Publicado o 08/08/2019 20:30

A petanca, un deporte que se practica todas as tardes no parque da Milagrosa, en Lugo. Ata alí pode achegarse quen queira para botar unha partidiña.

No parque da Milagrosa, todo o mundo é benvido no deporte da petanca en Lugo. Déixache as bólas para que te inicies ou apréndenche a xogar se non sabes.

María empezou a xogar hai algo máis dun ano. Agora está completamente enganchada. O mesmo lle pasou a Marcos, que ten agora 71 anos.

As regras básicas non son moi complexas, pero tamén teñn o seu aquel. Despois a cousa léase con estratexias, aproximadores e scadores.

Aquí hai xente xogando dende pola mañá ata que se vai a luz. O Concello emprestoulles unhas instalacións e fíxolles unhas pistas, co cal xa organizaron un campionato nacional de petanca para o 15 de setembro.

En dous anos, xa son 70 afiliados no Club de Petanca de Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019