CRTVG

Buscar

A pescada do Celeiro conta cun novo selo de calidade

Publicado o 20/03/2017 20:32

Oito barcos, todos do porto de Celeiro, locen esta certificación, a de amigos do mar

A pescada de Celeiro conta cun novo recoñecemento de calidade. O selo certifica que é de calidade e que foi capturada respectando o medio ambiente.

Oito barcos, todos do porto de Celeiro, locen esta certificación, a de amigos do mar. Garante a calidade do produto, o coidado do medio ambiente e que os buques contan cun protocolo de xestión de residuos, combustible, refrixerantes e redución de capturas accidentais de aves. Hoxe saíron para o mercado 24.000 quilos de peixe con este selo. O seu prezo medio en lonxa superou os 5 euros o quilo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017