A pescada da frota de Cedeira conta desde hoxe cun selo de calidade
Publicado o 14/08/2020 14:50
A pesar das limitacións que impuxo a alerta sanitaria por mor do coronavirus, as descargas de pescada no porto de Cedeira aumentaron no primeiro trimestre do ano.
Trátase dun produto que dende hoxe conta cun selo de calidade que pretende enxalzar as súas bondades, garantir a seguridade na súa comercializacion e impulsar o seu prezo no mercado.
Agárdase situar ao ano unhas 400 toneladas deste peixe dos volanteiros de Cedeira en diferentes establecementos de España.
A pescada foi líder en facturacion nas lonxas galegas no pasado exercicio e a segunda en descargas.