CRTVG

Buscar

A pesca galega incrementa as exportacións en produto conxelado e en conserva

Publicado o 21/10/2021 14:43

Coa enerxía, o combustible, o cartón e o plástico nunha continua subida de prezos que impactan directamente nesta actividade, o sector en Galicia consegue mellorar os seus datos cun incremento das vendas ao exterior.

Un ano bo de capturas na maior parte dos caladoiros xunto a unha alta demanda do noso produto a nivel internacional son as causas deste incremento.

A falta de pechar os datos do ano tamén as conservas rexistran bos datos na balanza exterior con Italia, Francia e Portugal á cabeza con case o 90 por cento das exportacións.

Desde o sector apuntan que se vendeu máis cantidade pero tamén a prezos máis altos.

Noticias web

21/10/2021