CRTVG

Buscar

A pesar do mal tempo, as prazas de abastos están ben abastecidas de peixe

Publicado o 31/01/2019 13:45

O temporal non afecta, de momento, os mercados, onde o abastecemento de peixe é o habitual. No de Santiago de Compostela, que se nutre sobre todo das lonxas das Rías Baixas, hoxe os postos de venda tiñan produto en cantidade.

Pilar Fernández, peixeira: "En principo o pescado en Cambados hai bastante. Eu penso que pode afectar máis maña. En Cambados tiñan unha lonxa bastante completa".

Maria Carmen Aldrey, peixeira: "Os do chincho, os do chopo os do polbo, os que están máis ao abrigo están saindo. E logo os das parellas, os barcos grandes os do arrastre tamén estan saíndo, os mais pequenos, non".

Miguel Galván, peixeiro: "No marisco ben vedes que hai marisco. E nós que imos mercar á confraría de Rianxo pois segue e haber mercadoría, zamburiña, choco, faneca, alguna centola. Hai variedade porque estamos ao abrigo".

Os consumidores que hoxe ían facer a compra á praza de abastos aseguran que hai de todo.

"Hai de todo e moi fresquiño". Haber hai de todo, aínda que está o tempo malo hai de todo", din os clientes.

O maior problema pode estar no produto procedente da zona norte, onde o temporal está a bater con máis forza.

Un temporal que, de momento, non se deixa sentir nin no abastecemento de produto nin tampouco nos prezos.

Noticias web

31/01/2019