CRTVG

Buscar

A película galega "O que arde", de Óliver Laxe, premio do xurado no Festival de Cannes

Publicado o 25/05/2019 10:25

"O que arde", o primeiro filme na nosa lingua proxectado no Festival de Cannes, logrou o premio do xurado na sección "Unha certa mirada". O seu director, Oliver Laxe, recolleu o seu terceiro galardón neste festival francés. Rodado nos Ancares, o filme reflexiona sobre o rural, sobre a comunidade propia, a de Amador Arias e Benedicta Sánchez, os actores afeccionados que o protagonizan.

Amosa a relación co seu medio de vida e á vez co lume que o devasta. Tamén levou o premio ao "mellor concepto sonoro". A película "Liberté", de Albert Serra, levou tamén o premio especial do xurado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019