CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A película, 'Dhogs', favorita nos Mestre Mateo 2018

Publicado o 07/02/2018 21:39




O filme 'Dhogs', dirixido por Andrés Goteira e participado pola Televisión de Galicia, é o gran favorito para os Mestre Mateo 2018. Hoxe coñecéronse as candidaturas e conta con 17. Moi por diante de 'A estación violenta' ou 'Os fillos do sol'.


Son novos, moi novos, pero non son o futuro do cine en Galicia. Son o presente. As 17 candidaturas de 'Dhogs' avalan este sorprendente filme de ciencia ficción saído desde a profesionalidade e a humildade.

Tras 'Dhogs', a película 'A estación Violenta', de Anxos Fazáns, suma 8 candidaturas, e o filme para televisión 'Os fillos do sol', de Ramón Costafreda, 7.

'Viradeira', 'Serramoura', 'Pazo de familia',... As series de Televisión de Galicia completan as categorías actorais que deixan os filmes.

E nas categorías televisivas, eleccións seguras. A 'Revista fin de semana' e 'Land Rober' competirán a mellor programa de televisión, realización ou mellor comunicador, con Roberto Vilar e María Solar á fronte. O 3 de marzo na Coruña, o audiovisual fronte ao seu espello.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

07/02/2018