CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A película británica 'O noso último verán en Escocia' poderase ver dobrada ao galego en 14 cines

Publicado o 28/05/2015 21:48
A comedia británica 'O noso último verán en Escocia' estréase hoxe en Santiago en versión dobrada ao galego e poderase ver a partir de mañá 14 cines de 8 localidades de Galicia. Esta é unha comedia de éxito que xa acadou seis millóns de euros de recadación nos cines do Reino Unido.

Ver películas como esta de primeiro nivel en galego é posible grazas a unha iniciativa da Xunta de Galicia, da produtora Contracorriente Films e tamén de Televisión de Galicia. En palabras da directora da TVG é unha aposta pola promoción do consumo na nosa lingua de produtos culturais internacionais. Rosa Vilas agardaba que haxa aínda moitos máis.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

28/05/2015