CRTVG

Buscar

A película 'A illa das mentiras', dirixida por Paula Cons, tiña prevista a súa estrea o vindeiro 29 de maio

Publicado o 22/05/2020 16:54

Xaneiro de 1921, o buque-correo Santa Isabel, con destino a Bos Aires, naufraga preto de Sálvora. Xorde entón un grupo de mulleres, que serían coñecidas como as heroínas de Sálvora.

Con Nerea Barros como protagonista, A illa das mentiras tiña prevista a súa estrea o vindeiro 29 de maio en España, pero a crise sanitaria cambiou os plans da súa directora, Paula Cons, e a estrea fíxose nunha plataforma na Arxentina.

Paula Cons, directora de A illa das mentiras: "Que sexa na Arxentina, que é o país coprodutor, o país cara ao que ía o barco, que é a escusa desta película, e un país tan cinéfilo, con tan bo gusto e tan cheo de galegos; pois nese sentido contenta".

A directora deste trepidante thriller segue traballando para poder estrear a película, o antes posible, en Galicia. Mentres, podemos atopar un paralelismo entre a súa historia e a situación actual.

"Un naufraxio, unha crise sanitaria, pois un pouco fotografa todo, retrátasenos e saca o mellor e o peor de cada un, incluso o que pasa despois delas', engade a directora do thriller.

Esperemos que a situación actual pase pronto e todos poidamos ver a estrea de A illa das mentiras.

Noticias web

22/05/2020