CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A película A Esmorga estréase o día 21 de novembro en toda Galicia

Publicado o 26/10/2014 21:32






O 21 de novembro estréase en todos os cines galegos a película A Esmorga, a agardada adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor. E o seu director, o ourensán Ignacio Vilar, e o seu equipo artístico están de cheo na promoción do filme, que conta coa participación da Televisión de Galicia. En Ourense, onde se rodou e onde trascorre a noite de troula do Bocas, o Cibrán e o Milhomes, puidemos falar co director e algunhas actrices da película.

Xa saben o día 15 de novembro A Esmorga proxectarase na inauguración da 19 edición do Festival de Cine de Ourense e o día 21 é a estrea comercial en 25 cines de toda Galicia. O Bocas, o Cibrán e o Milhomes cobran vida na Auria dos anos 50 que describiu Blanco Amor.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí