CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A película 'A esmorga' chega a Madrid e Barcelona

Publicado o 30/04/2015 15:25
Despois do éxito en Galicia, a película 'A esmorga' comeza o seu percorrido polo resto do estado. Madrid, Barcelona e O País Vasco poderán ver o filme en versión orixinal. Hoxe é a preestrea en Madrid e a partir do oito de maio estará en varias salas comerciais.




A estrea de 'A esmorga' vai acompañada dun importante despregamento publicitario. É o momento de comprobar se a peculiar atmosfera da película dirixida por Ignacio Vilar chega ao público español igual que chegou ao galego.


O boca a boca foi parte importante do exito en Galicia. Agora pretenden repetir, primeiro en Madrid, estréase en versión orixinal na sala Renoir Princesa, e logo en Barcelona e no País Vasco



Coincidindo coa preestrea da película en Madrid, a editorial Mar Maior presenta a edición restaurada da novela 'A esmorga', de Eduardo Blanco Amor, unha das máis importantes da literatura galega de todos os tempos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí