CRTVG

Buscar

A pegada de Isabel Zendal na cidade da Coruña

Publicado o 30/11/2020 21:49

Antonio López e Joaquín Pedrido coñecen ben os pasos de Isabel Zendal. Anos de estudo aválaos para seguir a pegada dunha muller que naceu en Ordes e que pronto viría traballar á Coruña. Coidadora, enfermeira, loitadora. A elixida para participar na misión filantrópica da vacina da variola. Esta escultura no porto era ata hoxe a única que recordaba a súa proeza.

A experiencia daríalla o seu traballo no Hospicio do Hospital da Caridade. Parte da fachada consérvase na Casa Cornide, propiedade da familia Franco.

Sen saír da cidade vella da Coruña a Igrexa de San Nicolás, o santo dos abandonados, convídanos a entrar noutra parte da historia e do traballo de Zendal

A Rúa Real tamén nos leva a Zendal, aquí vivía o capítán e o armador do barco da expedición. Unha epopeia que será recoñecida nun agradecemento público que hai 50 anos fixeron aquí, neste edificio de prácticos, un grupo de médicos mxicanos

Por iso esta reivindicación, este roteiro posible na cidade onde viviu e traballou unha das precusoras da enfermería, a muller que contribuiu a conseguir un dos éxitos científicos máis importantes do mundo: a vacina da vioral.

 

Noticias web

30/11/2020