CRTVG

Buscar

A Patrulla Águila fai unha exhibición aérea con motivo do Día do Apóstolo

Publicado o 25/07/2021 14:05

Tras o paso de revista ás forzas na praza do Obradoiro por parte do rei Filipe VI, os sete avións da Patrulla Águila aparecían sobre o ceo de Compostela.

"Como mostra do noso compromiso coa sociedade e coas persoas de Santiago, de Galicia e de España. É algo que tiñamos que facer nun día tan importante", asegura Pedro Díaz, xefe do aeródromo militar de Santiago.

Sumáronse aos actos do día do apóstolo con dúas pasadas sobre Santiago. Esta primeira sobre o Obradoiro e unha máis sobre a Cidade da Cultura. Da patrulla forman parte experimentados pilotos do Exército do Aire con máis de 500 horas de voo.

"Cando se colle algo de experiencia, arredor de 500 horas de voo, e cando o piloto amosa a súa intención de entrar na patrulla, dáselle un plan de instrución para voar no novo posto, e con ese plan xa estaría listo para facer exhibicións e pasadas", explica José Javier Sánchez, xefe da Patrulla Águila.

Cada espectáculo coma este que ofreceron dentro dos actos do Día do Apóstolo supón para os pilotos da patrulla unhas tres semanas de preparación.

Noticias web

25/07/2021