CRTVG

Buscar

A patronal do transporte sanitario negocia co Consello Galego de Relacións Laborais

Publicado o 04/03/2019 20:24

Nova semana da folga dos traballadores do transporte sanitario en Galicia, que comezou cunha concentración diante do Hospital Clínico en Santiago.

A patronal acudiu a unha nova reunión esta mesma tarde coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais para presentar unha oferta que consideran xenerosa, e que suporía un aumento salarial do 18,5 por cento desde este ano e ata 2023.

Arranca así o terceiro tramo desta folga que busca melloras para o convenio colectivo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019