A Pastoriza teme novos peches se non se atallan os casos detectados en tres parroquias
Publicado o 04/05/2021 14:19
Primeiro martes de mes e ao concello lugués da Pastoriza tócalle o seu habitual mercado, pero con moitos menos clientes e vendedores do habitual.
É a mostra da preocupación que se vive neste concello, cunha incidencia de 303 casos por cada 100.000 habitantes.
Unha preocupación aínda maior no comercio e na hostalería. A Pastoriza é un dos quince concellos en nivel alto de restricións. Se aumentan os casos, subirán ao máximo, sinónimo de peches.
Malia todo, confían en que pronto poidan volver á normalidade, xa que os casos semellan estar controlados.
O alcalde xa emitiu un bando pedindo máximo cumprimento das medidas de seguridade.